sábado, 13 de novembro de 2021

Coñece máis os nosos xogos!

O Consello da Cultura Galega e o Observatorio do Patrimonio Lúdico presentaron en sociedade a páxina web e a aplicación móbil chamadas Xogos tradicionais, pensadas para que as propostas de lecer pasen do mundo dixital ás rúas galegas.

Cliqueade na imaxe e divertiros en familia!




martes, 9 de novembro de 2021

XORNADA DE XOGOS POPULARES


 O alumnado de 6º de primaria vai desfrutar dunha preciosa xornada de xogos populares o vindeiro 11 de novembro...Xa sabedes "polo San Martiño..."


Aqui tedes toda a información precisa.

Información XOGOS POPULARES



domingo, 31 de outubro de 2021

luns, 25 de outubro de 2021

O DEPORTE volve ao colexio!!!

 Pois si...!   Xa era hora!! 

Volvemos a facer deporte fóra do colexio e noutros espazos. 

Imos pouquiño a pouco,  e con todas as medidas de seguridade aplicando o protocolo covid19... pero xa estamos en marcha!

O vindeiro Venres 29 de Outubro imos ao CEP Pedro Caselles a facer campo a través o alumnado

 de 2º e 4º de primaria.

Máis tarde iniciaremos e compartiremos outras actividades, deíxovos aquí os planos da carreira e as indicacións covid 19 de entrada e saída.



Seguiremos informando das actividades deportivas que vaiamos facendo




domingo, 20 de xuño de 2021

Turonia a vista de paxaro!!

 


DESFRUTADE!!!



TURONIA 20/21

 

O Turonia é unha forma de vivir  e de ver a labor  educativa...e nin o covid19 fixo que este ano non desfrutaramos dun Turonia moi especial co alumnado de 5º e 6º do cole e cunhas compis que van levar o seu bo facer a otros nenos e nenas noutros centros educativos...

Grazas compis pola vosa labor diaria chea de vocación pola educación.

Sempre con vos Maria e Cris!!!



xoves, 27 de maio de 2021

Xogando coa Natureza

O alumnado de primaria saimos polo contorno para buscar elemento naturais e poder facer billardas, zoadeiras,arcos...


 

martes, 18 de maio de 2021

domingo, 16 de maio de 2021

SEMANA das LETRAS GALEGAS

Nada pode con nós!! 

Os nosos peques, inda que tiveron que estar confinados, non deixaron de amosar a súa capacidade de adaptación e todos e todas xuntas  dende casa e dende o cole bailamos  a "Carrasquiña" que era o noso gran de area para a semana das nosas letras.

Grazas familias e grazas CAMPIÓNS e CAMPIONAS!!!!

Bailade con nós!!!








luns, 19 de abril de 2021

22 de abril- DÍA DA TERRA

 Tódolos días deberían ser o "día da nai terra" pero neste mundo tan olvidadizo sempre ven ben que nolo recorden para que nos concienciemos mellor da necesidade de coidar a "NAI" que nos da a vida!!








venres, 19 de marzo de 2021

Bailando polo CLIMA XA!!!

 Na entrada anterior xa temos a información sobre a Mobilización Globa polo Clima e aquí deixámosvos o noso baile feito co ánimo de compartir, dun xeito alegre, a importancia que temos TODOS e TODAS en protexer e coidar o mundo no que vivimos XA!!!!




xoves, 11 de marzo de 2021

19 de MARZO-Mobilización global polo Clima

 Este curso, dende o centro  (moi especialmente dende a área d Educación Física) e coa inmensa axuda dos recursos de https://teachersforfuturespain.org/e a colaboración da súa delegación en Galicia, imos conmemorar o día 19 de marzo dun xeito moi especial.

  • Faremos pancartas reivindicativas.
  • Aprenderemos a canción lema deste día.
  • Bailaremos a ritmo reivindicativo.
  • e nos queixaremos das promesas incumplidas....
Aquí vos deixo a letra da canción e música en Karaoke  que nos achegaron da Delegación de https://teachersforfuturespain.org/ de Galicia.

Aqui vos deixo a versión en Karaoke para que vaiades practicando

Sing for the Climate

martes, 2 de marzo de 2021

mércores, 17 de febreiro de 2021

O noso baile da PAZ

O tempo atmosférico non axudou moito neste mes, o COVID segue vixiándonos...Pero a pesar de todo, as nosas gañas de desfrutar sempre acompañan as clases de EF.

Vivir sempre coa ilusión da infancia!!!

Aqui tedes o video do baile  conxunto do alumnado de primaria.






sábado, 30 de xaneiro de 2021

Chega o ENTROIDO en EF

 Un ano máis e xa levamos moitos...  As clases de educación física, nestas datas, disfrázanse coas costumes dos entroidos en Galicia, xogamos o domigo faraleiro, ao xoves de compadres e comadres, domingo boteiro...

E para que coñezades un pouco máis o Entroido en Galicia deíxovos algunha páxina de interés.

https://www.turismo.gal/que-facer/promocions-para-gozar-agora/o-entroido-en-galicia?langId=es_ES

https://www.sientegalicia.com/blog/personajes-carnaval-galicia/


https://www.slideshare.net/remebuma/unidade-didctica-do-entroido-2014

https://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/




O xogo favorito dos nenos e nenas do cole é a interpretación que facemos dos


Xoves de compadres e comadres


Aqui vos deixo un video de como fan noutros esta celebración de comadres.




xoves, 28 de xaneiro de 2021

SEMANA DA PAZ

E coma sempre nas clases de EF traballamos e recordamos datas significativas no calendario escolar.Un ano máis recordamos o "Día da PAZ".

Todos os grupos de primaria bailamos, cantamos e desfrutamos con cancións de PAZ e fixemos algunha pequena gravación bailando e cantando.

Por agora imos deixar as canción que bailamos...

BAILADE, DESFRUTADE...!!! Aquí deixámosvos os bailes das clases de primaria.













































https://www.youtube.com/watch?v=TdsuPRnziwQ


https://www.youtube.com/watch?v=iY5ZSQPclco